
Os cables dos cargadores dos móbiles foron sempre diferentes segundo a marca do teléfono. Isto fai que con cada novo terminal que se compra sexa necesario obter un novo cable, que adoita vir incluído por sorte.
As maiores compañías de telefonía móbil, puxéronse de acordo para crear un adaptador estándar, que ademais aforre ata un 50% de enerxía. Se ademais non regalan un novo con cada móbil, se conseguira producir unha menor cantidade de desperdicios.
Los cargadores dos móbiles
martes 17 de febrero de 2009
Publicado por
Jesús
en
15:28
0
comentarios
Etiquetas: Tecnoloxía
Un respiro
viernes 6 de febrero de 2009
O segundo é o que nos está dando o tempo, xa que logo dun par de anos de continuada seca ata no inverno, presentándosenos un no que por fin está habendo precipitacións.
Pero recordade que para que isto siga sendo así temos que mellorar día a día os nosos hábitos en busca da sostenibilidad.
PD: a, e, que teña carnet non quere dicir que vaia a derrochar agora. Seguirei usando sempre que poida o transporte público, pero gozarei de mais autonomía sobre todo en rutas menos flexibles para os buses.
Publicado por
Jesús
en
15:55
0
comentarios
Etiquetas: Chuvia, Ecoloxismo
Documental de National Geographic
miércoles 21 de enero de 2009
Publicado por
Jesús
en
22:00
0
comentarios
Etiquetas: Cambio climático, Ecoloxismo
A moto de hidróxeno
martes 16 de diciembre de 2008
Publicado por
Jesús
en
17:10
0
comentarios
Etiquetas: Enerxías Alternativas, Tranporte
TimeToLead
jueves 4 de diciembre de 2008
Hoxe recibín un correo falando sobre unha asociación formada por Greanpeace, WWF,
Climate Action Network (CAN) e Amigos da Terra que se están dedicando a solicitar aos gobernos europeos que na reunión que van manter o día 11 de decembro tomen decisións satisfactorias en defensa do medio ambiente. A plataforma chámase Time To Lead e a proposta que nos fai sobre mandar un email aos nosos políticos pedíndolles que defendan propostas sostibles parece bastante interesante. Cun pouco de sorte non farán oídos xordos tomando as decisións que máis lles conveña e tomarán a decisión de xeito correcto.
Na reunión do día 11 trataranse decisións de carácter medioambiental a nivel da UE, pero se de verdade queremos loitar contra o cambio climáticos, habería que intentar falar tamén con países como Chinesa ou India que están comezando a despegar e que non vixían absolutamente as súas emisións contaminantes á atmosfera.
Publicado por
Jesús
en
20:30
0
comentarios
Etiquetas: Cambio climático, Iniciativas ecolóxicas
Menudo temporal
martes 2 de diciembre de 2008
Si, menudo temporal o que nos asola estes días sobre todo no Norte. Parece que en contraste con anos anteriores, sobre todo o último, este ano a neve esta destacándose pola súa abundancia dende o principio. As estacións de esquí abriron antes de tempo e o frío e a choiva acompáñanos a diario. O peor é o que temos que sufrir estes días nos lugares nos que padecemos o frío pero non podemos gozar da neve.
Por sorte ademais esta abundancia de precipitacións está evitando que se produzan situacións como a do ano pasado, que resulto bastante impactante en Galicia onde a finais de decembro aínda non caera unha soa pinga dende o verán. Parece que por agora o tempo estanos mostrando a súa boa cara e recordándonos que é o que poderiamos manter se non nos dedicamos a esnaquizar o noso planeta.
Déixovos cunha fotografía miña de O Cebreiro no inverno pasado.
Publicado por
Jesús
en
17:00
0
comentarios
Etiquetas: Cambio climático, Chuvia, Galicia, Neve
Unha festa ecolóxica
martes 4 de noviembre de 2008
Esta semana eu son o anfitrión de Unha Festa Ecolóxica, promovida por Un Blog Verde. Este evento trata de fomentar o ecoloxismo e a concienciación dos problemas de non respectar o medio ambiente.
Empezarei falando doutro blog que participará nesta festa, Enerxías Renovables, que aborda un tema moi importante xa e que o será moito máis co paso dos anos por desgracia.
Dende Calentamento Global temos, lamentablemente, ben ilustrados os datos do desxeo do Ártico.
En Ecoinventos podemos atopar bastantes cousas curiosas, como para empezar algún novo modelo híbrido ou outro eléctrico. Móstrannos tamén inventos que serán útiles como os tubos fotovoltaicos que mellorarán a transformación de enerxía solar en enerxía eléctrica. Ensinarannos tamén un invento útil que so as pilas recargables mediante USB e tamén un invento moi curioso que é a corbata solar. Para os manitas tedes as instruccións para construir un calentador solar.
Dende o blog organizador de este evento, Un Blog Verde, falannos dos problemas de contaminación nas grandes urbes, como é o exemplo que eles poñen de México.
Por último, en Pensando `N´ Verde poderás atopar uns cantos posts que vos recomendo, como por exemplo como aforrar coa calefacción, unhas interesantes normas a poñer en práctica no noso fogar agora que chega o inverno. Tamén cabe mencionar o programa da ONU unha persona unha árbore. Por último animarvos a seguir 10 sinxelos consellos para aforrar auga.
Saúdos, e gracias por participar desta festa ecolóxica.
Que maña sexades máis verdes, e pasado aínda máis.
Publicado por
Jesús
en
0:00
0
comentarios
Etiquetas: Cambio climático, Ecoloxismo, Iniciativas ecolóxicas
Como aforrar coa calefacción
miércoles 22 de octubre de 2008
O Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) publicou hoxe unhas recomendacións para aforrar diñeiro y enerxía coa nosa calefacción. Son os seguintes:
A todo esto eu engadiría un par de consellos máis:
Publicado por
Jesús
en
14:30
0
comentarios
Etiquetas: Enerxías Alternativas
Un moi bo exemplo
sábado 18 de octubre de 2008
Vou coller o autobús, saco a carteira para coller diñeiro, pero me dou conta de que estou en Aubagne. ¿E preguntárdesvos que pasa? Pois que desde o próximo ano, o transporte público será gratuíto nesta cidade francesa.
Ver mapa más grande
Dende a administración local déronse conta de que co subvencionado que estaba o transporte de masas é mellor facelo totalmente gratuíto. En total os ingresos polo cobro de billetes representan só un 9% do total de diñeiro empregado no transporte público alí. O resto de diñeiro pono a administración pública mediante subvencións, así que se decidiron a aumentar o orzamento só en 700.000 euros, que é ese 9% e o motivo da decisión.
En Aubagne seguen o exemplo doutras localidades francesas de menos de 100.000 habitantes como Compiegne, ao norte de Parides e pionera nesta boa medida, e Châteauroux que comezou con este sistema en 2001.
Oxalá se puidese estudar esta medida para cidades españolas, xa que esta medida reduce a contaminación, os atascos...
Publicado por
Jesús
en
17:00
0
comentarios
Etiquetas: Contaminación, Iniciativas ecolóxicas, Tranporte
Unha festa ecolóxica
martes 14 de octubre de 2008
Pensando`N´Verde vai participar na festa ecolóxica que organizan dende Un blog verde para toda a blogosfera e internautas en xeral.
Para iso o blog será o anfitrión de noticias de ecoloxía de varios blogs elixidos pola súa boa calidade e contidos. Isto ocorrerá o 4 de novembro (martes) e pasándovos por aquí poderedes enlazar con todos eses posts.
Así mesmo penso aportar para outros blogs algúns posts meus, algún utilizado xa e outros por propoñer, como poden ser os consellos para aforrar auga que recomendo seguir.
Así que vos invito a pasar por aquí o día 4 e a participar da festa nos outros blogs tamén. Pero sabede que estades invitados a ler Pensando`N´Verde sempre que queirades.
Publicado por
Jesús
en
18:00
0
comentarios
Etiquetas: Ecoloxismo, Informática


